Como recoñecer un bo compost

Como recoñecer un bo compost

Cor e aspecto

Un compost ben feito é de cor escura e non se recoñecen os seus compoñentes orixinais.

Cheiro

Cheira a terra de bosque.

Humidade e textura

Textura solta e granulosa. Non gotea nin se desmenuza ao apertalo coa man.

Tamaño do material a compostar

O tamaño do material a compostar

  • Un tamaño entre 1 e 5 cm resulta idóneo.
  • A elevada presenza de materiais grosos fai máis lenta a descomposición. Se hai moitos, convén partilos ou triturarlos utilizando unha biotrituradora.
  • A fragmentación previa facilita o proceso de degradación e descomposición, xa que presenta maior superficie para ser atacada polos microorganismos.
  • Se os materiais son demasiado finos, a pila compáctase e dificulta o intercambio de aire e auga co exterior.

Por tanto, é importante que se consiga unha proporción equilibrada entre materiais finos e grosos para que queden suficientes espazos aireados (por exemplo, mestura de céspede e ramas).

Relación carbono-nitróxeno

  • Os materiais ricos en nitróxeno (esterco de aves, céspede, pousos de café, restos de froitas e verduras) aceleran o proceso de descomposición, pero achegan pouco humus.
  • Os materiais ricos en carbono (ramas grosas, serrín, papel/cartón, labras de madeira, palla, follas de carballo) retardan a descomposición, pero a cambio obtense abundante humus.
  • O humus é a capa de terra rica en nutrientes que se produce na parte superficial do chan como consecuencia da descomposición dos restos vexetais e animais que realizan diversos microorganismos.
  • O ideal son materiais equilibrados en carbono e nitróxeno. É o caso das ortigas, follas de árbores froiteiras e de arbustos, esterco de gando, ramas finas.
Reacción carbono-nitrogeno
Proceso

Aireación

  • Os microorganismos que degradan a materia orgánica para convertela en compost son aerobios, é dicir, necesitan osíxeno. Unha baixa cantidade de osíxeno dá lugar a situacións anaeróbicas que minorarían a velocidade do proceso, crearían malos cheiros e reducirían a calidade do produto.
  • Para que toda a pila de compost estea correctamente aireada, é necesario mesturar ben materiais finos e grosos, e voltear o material cando a pila se atope demasiado compacta ou moi húmida.

Humidade

  • Sen un mínimo de humidade, a maior parte dos microorganismos non poden vivir. Os niveis óptimos están entre un 40 e un 60%. Pódese comprobar collendo un puñado de compost e apertalo coa man. Se a humedece pero non escurre auga entre os dedos, a humidade é óptima.
  • O exceso de auga enchoupa o material e impide que haxa aire na pila, dando lugar a material podre que provoca malos cheiros.
  • Se hai demasiada humidade, convén engadir materiais secos (palla, ramas finas, serrín, papel/cartón).
  • Pola contra, se hai déficit de humidade, habería que engadir materiais frescos (restos de froitas e verduras, céspede recentemente cortado) ou regar lixeiramente a pila de compost.
Humidade
Temperatura

Temperatura

  • A degradación da materia orgánica na compostaxe doméstica xérase a temperaturas de entre 35 e 65ºC.
  • Se a temperatura é moi baixa, pode deberse a que a pila de compost é moi pequena, que o material estea demasiado seco ou que falte nitróxeno. Se supera os 75ºC, hai que arrefriar a pila volteándola para que se airee ben, ou regala.
  • A partir do segundo ou terceiro día, a temperatura sitúase entre os 50 e 60ºC. Durante os seguintes quince-vinte días, sitúase entre os 65 e os 75ºC. E a partir das dúas ou tres semanas, diminúe (temperatura ambiente).