Proceso

Proceso

Proceso

O primeiro é colocar o composteiro nun lugar axeitado:

 
  • En contacto directo coa terra para que os organismos descomponedores (microorganismos, insectos e lombrigas) teñan un fácil acceso ao interior do recipiente. Nunca sobre asfalto, cemento ou outro pavimento, xa que se impediría a colonización destes organismos.
  • Nunha zona sombreada, abrigada do vento e protexidos de cambios bruscos de temperatura e humidade . Aconséllase baixo as ramas dunha árbore de folla caduca para ser protexido do sol no verán e recibir a incidencia dos raios de inverno.
  • De fácil acceso e próximo á vivenda, por comodidade, e con suficiente espazo dispoñible para as tarefas a realizar.

Unha vez situado no lugar pertinente, pódese comezar a depositar no recipiente os restos orgánicos procedentes da cociña e do xardín o máis desmenuzados posible para favorecer a súa descomposición.

É preciso ter en conta que a achega de materiais húmidos (restos de alimentos, céspede recentemente cortado, ...) debe ser aproximadamente o dobre de materiais secos (follas secas, restos de ramas, ...), sendo necesario remover despois para que a mestura quede uniforme.

No fondo do recipiente formamos unha capa de restos de poda de 10-15 cm de altura, favorecendo con iso a aireación e a drenaxe dos residuos acumulados. A continuación engádense os restos orgánicos procedentes da cociña. Despois colócase outra capa de restos de poda, e así sucesivamente a fin de evitar malos cheiros e mellorar a calidade do abono resultante.

Fases da compostaxe

O proceso para a obtención dun compost maduro soe durar uns 5-6 meses. Durante este período, pódense distinguir 3 fases.

Fases da compostaxe

Fase de descomposición

Durante os primeiros 2-4 días, os microorganismos aclimátanse ao novo medio e comezan a multiplicarse e a degradar os elementos máis biodegradables. Isto provoca o aumento da temperatura da pila de residuo, que pode superar os 50ºC.

Fase de descomposición

Fase termófila

Debido ao aumento de temperatura, comezan a intervir organismos termófilos (bacterias e fungos), que actúan a temperaturas de ata 70ºC, producindo unha rápida degradación da materia. Esta fase pode durar ata 2 meses, e nela quedan eliminados os organismos patógenos, as larvas e as sementes.

Fase Termofila

Fase de maduración

Consiste nun período de fermentación lenta que pode durar 3 meses. Nesta fase acaba por degradarse a parte máis resistente da materia orgánica, diminuíndo a actividade biolóxica, o que provoca un descenso da temperatura.

Que se pode compostar

É preciso conseguir unha mestura que teña unha humidade, temperatura e osixenación óptimas, capaz de manter o equilibrio entre materiais frescos e húmidos (froitas, verduras, céspede, ...), que achegan humidade, e materiais secos (follas secas, ramas,
cartón, cinza, serrín, ...), que favorecen a aireación e osixenación da mestura.

O que SI podemos depositar no composteiro...

  • Restos de comida: froitas, verduras, arroces, pasta cocida...
  • Cascas de ovo e cascas de froitos secos.
  • Pousos de café, té e infusións.
  • Cinzas e serrín de madeira non tratada.
  • Papel, cartón, xornais (estes últimos, en cantidades controladas).
  • Restos de poda, raíces, follas, céspede e material do xardín desmenuzado (canto máis leñoso, máis tempo tarda en compostar).
  • Restos da colleita da horta, sen pesticidas ou fitosanitarios.
  • Esterco de animais herbívoros
  • Po e peluxe do aspirador, fibras naturais, pelos, anacos de teas naturais, plumas.

O que NON podemos depositar no composteiro...

  • Restos de carne e peixe.
  • Aceites vexetais e minerais.
  • Produtos lácteos.
  • Restos de plantas enfermas ou con pesticidas, insecticidas, etc.
  • Madeira tratada con pinturas, vernices, etc.
  • Follas de piñeiro ou eucalipto.
  • Excrementos humanos ou de animais domésticos carnívoros (cans, gatos).
  • Medicamentos.
  • Cueiros desechables.
  • Papel de cor brillante, impreso con tinta de cor ou plastificado.
  • Obxectos duros, pedras, vidro, metal, plástico, tetra brik, baterías, ...