Residuos domésticos. Que facemos con eles?

A reciclaxe só é posible se separamos correctamente os residuos en orixe e depositámolos nos contedores adecuados. Para participar no sistema, tan só debemos modificar e/ou instaurar pequenos hábitos, actuando con racionalidade e responsabilidade.

Contedor Amarelo

Envases de plástico, latas e briks. Por exemplo:

  • Botellas de plástico que contivesen líquidos: aceites vexetais, refrescos, augas minerais, leite, xel de baño, champú, lavalouzas, suavizante, etc. 
  • Latas de bebidas e de conservas e briks de líquidos.
  • Plásticos filme: bolsas finas, plástico para envolver
  • Envases mixtos: bolsas de aperitivos...

Non debemos depositar: residuos de plástico que non sexan envases (xoguetes, cepillos de dentes, cables eléctricos, etc.)

Contedor Azul

Envases de papel e cartón. Por exemplo:

  • Xornais e revistas
  • Cadernos (sen argolas, grampas, etc)
  • Papel de envolver, de embalar e caixas de cartón
  • Cartóns de ovos
  • Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón)
  • Libros

Non debemos depositar: papeis de calco e plastificados, briks de leite, zume, veu (briks), papel ou cartón sucios de graxa.

Iglú Verde

  • Botellas de vidro
  • Frascos e tarros de vidro

Non debemos depositar: tapas, tapóns e cortizas, así como todos os vidros especiais tales como parabrisas, pantallas de televisión e computador, lámpadas, espellos, etc.

Contedor Xenérico

Fracción resto (cueiros, compresas, servilletas de papel, cepillos de dentes, ...).


Non debemos depositar: os materiais que teñan cabida no resto dos colectores de recollida selectiva.

Contedor Pilas

Contedor específico de pilas: podémolo atopar nas casas consistoriais, centros escolares, centros sociais e establecementos comerciais.

Puntos Limpos

  • Residuos perigosos xerados no fogar (fluorescentes, vernices, aceites, envases de pintura, ...)
  • Restos metálicos
  • Voluminosos (mobles, colchóns, ....)
  • RAEE: Residuos de aparatos eléctricos y electrónicos (lavadoras, frigoríficos, televisores, computadores)
  • Residuos de pequenas obras en domicilios.