Vantaxes xerais da compostaxe doméstica

Beneficios xerais da compostaxe doméstica

Vantaxes xerais da compostaxe doméstica

A compostaxe doméstica ten grandes vantaxes sobre o medio ambiente e a economía e a sociedade

 
  • Desde o punto de vista ambiental, porque se logra depositar menos refugallos no contedor verde convencional, propiciando unha redución da frecuencia de recollida por parte dos servizos municipais e, por tanto, das emisións de CO2 derivadas do transporte.
  • Ademais, como xa vimos, a aplicación do compost achega unha serie de beneficios en forma de nutrientes ao solo, mellorando as propiedades físicas, químicas e biolóxicas do mesmo.
  • Desde a dimensión económica, porque, tendo en conta que a materia orgánica representa en torno ao 40 por cento da composición media da nosa bolsa de lixo, se se evita o seu depósito no contedor xenérico, verase reducido o importe da factura que os concellos deben pagar a Sogama.
  • E desde a perspectiva social, porque se trata de recuperar unha tradición en Galicia, como é a separación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, posibilitando que os habitantes do rural reduzan os desprazamentos que necesariamente deben facer aos contedores, polo xeral moi distanciados das vivendas debido á alta dispersión da poboación.
  • Debemos ter en conta que a maior parte dos residuos que xeramos nos nosos fogares son residuos biodegradables (supón o 42% do total), polo que dispoñemos dunha cantidade de materia orgánica significativa da que podemos obter beneficios se sabemos aproveitala.

Vantaxes propias do compost

Beneficios propios do compost

  • Sobre a estrutura do solo

    Debido ao seu carácter aterronado, facilita a formación de conglomerados, permitindo así manter unha correcta aireación e humidade do mesmo.

  • Sobre a saúde do solo

    Dada a súa condición de produto natural, sen compostos químicos e libre de patóxenos, actúa en moitos casos como bactericida e funxicida

  • Sobre as plantas

    Ao ser un produto rico en nutrientes e macronutrientes, convértese nun excelente abono, contribuíndo a que as plantas teñan unha maior resistencia ás pragas e enfermidades.

Aplicacións

Aplicacións

  • Compost fresco (2-3 meses)

    É excelente para protexer a terra dos cambios de temperatura e da sequidade (distribuído en capas de 5 cm sobre a terra). Denomínase "acolchado", xa que mellora as características do solo, aforra auga e controla o crecemento das malas herbas.

  • Compost maduro (5-6 meses)

    É un humus fertilizante óptimo para empregar en macetas, céspede e horta. Tamén se pode empregar para acolchar. Achega elementos minerais, mellorando a estrutura do solo e a súa capacidade de absorber e reter auga.

Problemas e Solucións

Os problemas máis comúns ao realizar un compost doméstico teñen fácil solución.

Material moi compacto e mal cheiro

  • CAUSA:Posible exceso de humidade e/ou falta de ventilación.
  • SOLUCIÓN:Mesturar material seco (palla, ...) e voltear para permitir a entrada de aire e evitar a putrefacción.

Cheiro a amoníaco

  • CAUSA:Demasiados materiais ricos en nitróxeno.
  • SOLUCIÓN:Engadir compoñentes secos ricos en carbono como serrín, restos de poda, etc, e voltear.

Baixa temperatura

  • CAUSA:Pouco material ou falta de humidade.
  • SOLUCIÓN:Engadir máis material ou regar.

Temperatura moi alta

  • CAUSA:Insuficiente ventilación.
  • SOLUCIÓN:Voltear.

Material frío e húmido

  • CAUSA:Exceso de auga.
  • SOLUCIÓN:Voltear e engadir materiais secos (serrín, ramas, ...).

Material frío e seco

  • CAUSA:Falta de auga.
  • SOLUCIÓN:Regar.

Presenza de moscas

  • CAUSA:Exceso de humidade, restos de comida sen cubrir.
  • SOLUCIÓN:Engadir materia estruturante (pequenas ramas, palla) e voltear.

Presenza de roedores

  • CAUSA:Atraídos por algún residuo (restos de comida).
  • SOLUCIÓN:Retirar os restos de comida, mesturar os materiais e cubrir.

Presenza de insectos

  • CAUSA:Condicións ambientais.
  • SOLUCIÓN:Non presentan inconveniente algún. Son descomponedores.